jueves, 26 de mayo de 2011

HOLAAAAAAAAAAAAAAAAAA

Hola a tod@s xa so  faltan 3 semanas de clase.E eu rematarei o 22 de Xuño a miña estancia no C.E.I.P SOBRADO-NEBRA. Por unha parte estou contenta pero pola outra non. Vou a ensinarvos un traballo que fixen para a revista do colexio. Espero que vos guste moito.


Levo moito tempo nesta escola, nove anos .Vou contarvos un resume:
De infantil recordo que tiven moitas mestras. Do meu curso estaban Dani S e Marcos, de 2º de infantil: Michael que marchou en 2º , Martín e Manuel que marchou en 1º,e de 3º de infantil: Ánxela, Daniel e David. Ó ano seguinte chegaron Susana e Lorena e xa cando ia en 3º Alba , Adriana e Manuel. En 2º fun con Xosé Luis e en 4º xa sei foi denovo. O ano seguinte chegaron os meus compañeiros: Dani G e Adrián. Este ano volvo estar con case todos eles. Nestes nove anos aprendin e divertinme moito.
Por unha parte quero irme para seguir aumentando os meus coñecementos e facer moitos máis amigos. Pero por outra parte dame un pouco de pena porque para min xa son como unha segunda familia, xuntos pasamolo moi ben. Quero que saibades que nunca vos olvidarei e que no meu zapato( o corazón) so levarei o chicle( os bos recordos) e soltarei a area ( os malos momentos). Querovos moito e votareivos a TODOS de menos.

Espero que vos gustase, acabo de rematalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario