Hola a todos e todas, vouvos a contar como me foi na excursión a granxa escola.
Cheguei a escola e ás 9:30 saimos no bus, fun de parella con Adriana escoitando musica toda a viaxe. Connosco só foron 2 profes; Loli de infantil e Maite de 1º e 2º.
O chegar dividimonos en 2 grupos: Os cabalos domados que eran; infantil e 1º, e as cabras cuerdas;2º,3º,4º e a nosa clase 5º e 6º.
De primeiro explicaronnnos as normas e chegou un home nun tractor, que nos levou ata unha horta na que tibemos que plantar pimentos morrons. A continuación fomos cos mesmos monitores o invernadeiro, alí deronnnos fresas e como era todo ecoloxico sen abono non as tibemos que lavar.
De segundo fomos a merendar, deronnos galletas e zume de laranxa ou auga.A continuación repartiron o noso grupo en rapaces máis maiores e máis pequenos; e dicir 2º e 3º foron a montar a cabalo e nós os de 5º e 6º máis unha rapaza de 4º fomos ver todos os animais. Vimos: Cabalos,unha burra,1 can chamado Dunkan e outro que estaba a durmir, tamén galiñas e 1 galo, paxaros, coellos, unha cadela con cachorros de pastor alemán, unha oca pesada, vacas, 2 porcos que parecian xabarins e despois peiteamos a 2 coellos con moito pelo, tamén había a xaula dun gato pero o gato non se atopaba nela. Por fin fomos onda os cabalos, 1º peiteamos 2 ponis; bob esponga e Toñito e logo montamos en poni.
De terceiro comemos e logo co mesmo chabal e outro home xogamos o futbol, tiñamos un pé atado o do compañeiro eu fun con Adrián e el quitou o teni e eu fun con el colgano e el en calcetín.
Por último fixemos pan e logo marchamos.
Que ben o pasei!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario