Xa é o día 11 de Febreiro de 2011 , polo menos non entro dende Novembro.Xa estamos no 2011. Van facer 2 meses que non escribo.
Estes días paseino moi ben,tiben exámenes e ata agora en todo o curso so suspendín 1 exame de Mates lección 6 que recuperei. Hoxe fixen 2 exames, 1 de mates que quitei un 6´5 e outro de comprensión lectora que non sei que nota tiben.
Estou lendo 2 libros, 1 que me prestaron que se chama ''La vuelta al mundo de dos pilluelos''. Este vai dun circo a dónde chegou un rapáz porque un home o raptou e o levou, agora outro neno de 10 anos e o recen chegado de 9 marcharon do circo onde apenas comían, cuns poucos peniques que lle deu a filla do xefe do circo (que é moi boa) queren regresar a Inglaterra. O outro que estou lendo en castelán chámase ''Las brujas''. Ese vai dun neno de 8 anos o que lle morreron os pais e agora vive en Inglaterra coa súa avoa. Ela debe de ser inspectora de bruxas, porque estálle explicando como darse conta de que muller é unha bruxa. Iso todo é porque 5 rapaces xa desapareceron de distintas fórmas nese lugar. E antes do que estou lendo agora na casa, lin outro chamado ''Las aventuras del club Pickwik''.
Hoxe seguramente irei cunha amiga, ou so falarei . Ela vai no insti, eu para o ano, xunto con dous rapáces da miña idade.
Onte pola noite vin un pouco de Land Rover, pero tiben que deitarme as 11 porque hoxe había escola. Onte intentei deitarme ó acabar Patito Feo, so o vexo porque ceno ás dez. Pero en lugar de quedar a durmir estiben esperta ata ás doce porque non fun capaz de durmir. Hoxe voume a deitar moi tarde, ás 12, porque vou ver Destino Eurovisión onde elixen a canción e cantante/s que vai/van cantar en Eurovisión. Aínda nunca gañamos , pero haber si este ano cambia a cousa coma no mundiual de futbol.
Na clase estámos mirando as temperaturas, e ao final do mes imos ver cal foi a temperatura media.
No hay comentarios:
Publicar un comentario