viernes, 29 de octubre de 2010

Canto tempo fai

Fai 2 semanas que non escribo e teño moito que contarbos por exemplo que o final polo de agora vou ter un mobil de movistar e non de vodafone, ou iso creo. O día 16 fun a unha boda de un curma de meu pai. Pola maña fun a perruquería e  volvín ás 14:15 e comín peixiños. Despois vestimonos e marchamos rumbo a Baroña donde colleríamos a miña avoa. Volvemos o Son a casa do noivo : había rosca, e moito para picar dali a puco tempo marchamos para a Pobra do Caramiñal a igrexa de San Isidoro. Como había 2 camiños un que era polo que ia ir o noivo ( o máis complicado) e outro para os que nunca foran a esa igrexa. Meu pai ia ó volante porque mamá non quixo conducir. Collemos o camiño difícil e despois de tanto tempo seguindo as indicacións que nos deu o noivo, chegamos ó velorio por donde tiñamos que pasar, demos 2 voltas e á fin preguntamoslle a unha moza que paseaba co seu can. Tibemos que preguntar 2 veces máis. Porfín chegamos. Na igrexa foi todo precioso. Quitamos unha foto cos noivos e despois votamos arroz. Cando acabou demoslle un bico os noivos primeiro a noiva porque non atopamos o noivo e despois cando xa o atopamos tamén a el. Uns a migos da parella puxeronlle no coche unhas latas amarradas e encherronlle de globos o coche. Xa ai ás 18:00 chegamos a Boiro (ó Chicolino). Tomamos uns aperitivos e despois fomos para dentro as mesas estaban númeradas os nen@s  tiñan unha mesa para eles pero como padriño non foi senteime cos maiores tamén un primo de meu pai non estaba posto connosco pero tamén faltou  o tío e sentouse connosco. Eu so comin marisco: gambas, langostinos e o final zumo de piña. Antes dos demais pratos a miña prima chamoume para xogar con ela e  outros nenos . Volvemos ás 3:00. Ó día seguinte espetei ás 12:35 do serán. Como en todas as bodas paseino xenial, aínda que era a miña 1º boda.Chau!

No hay comentarios:

Publicar un comentario