viernes, 17 de septiembre de 2010

1ª Semana de cole

Esta semana foi moi chula porque as clases gustáronme moito . En galego e castelán xa imos moi adiante. En mates tamén, demos os números romanos e os Exipcios. Os Romanos son un pouquiño complicados e non falar dos exipcios, a unica conta que fan e a de sumar. Para poñer 1´42 cm tiven que poñer 6 números.
En coñecemento estamos dando a reproducción dos seres vivos (Plantas e Animais)e hai algo que xa me quedou para o exame que imos ter o Xoves 23 que os pais e nais son PROXENITORES e os fillos e fillas DESCENDENTES ou CRIAS.
E porcerto o primeiro día o meu titor xa me puxo 2 exames para saber como chegamos e de que nos acordamos, aínda que eu penso que me saíu bastante ben.
Este curso teño o mesmo titor que en 4º e 5º. E ademáis o profe ensina moi ben e pola miña parte non hai ningunha queixa. Aquí tocaron todos os profes do ano pasado menos unha mestra e no seu lugar veu outra que xa estivera aquí. E para 1º e 2º veu outra mestra nova que non coñecia nin me sonaba de nada.
En galego xogamos a Arriba España , aínda que despois decidimos que sería Arriba Nebra, pero eu dixen que poderia ser arriba 6º cando acabábamos nós de poñer as palabras e Arriba 5º cando acababan eles. No xogo hai que elexir 5 campos semanticos e alguén tiña que dicir o abecedario mentres que outro lle manda parar e se toca a letra B hai que decir palabras deses campos semánticos que empezen por B. Por exemplo Animais BURRO, Paises BRASIL...E estibo moi ben. Espero que todo o curso sexa igual de chulo e divertido ca esta semana e grazas os mestres e a directora dou por seguro que así será.

No hay comentarios:

Publicar un comentario